Cambados aprobará mañá os orzamentos deste ano co apoio do BNG

CAMBADOS> Cambados aprobará mañá os seus orzamentos para este 2022. O bipartito conseguiu ‘in extremis’ o apoio do BNG para sacar adiante as contas. Os nacionalistas confirmaron xa o seu voto favorable, logo de que PSdeG e Somos aceptasen unha seria de enmendas. Tanto o bipatito como os nacionalistas celebran o acordo, poñendo en valor a nova etapa ‘construtiva’ que se abriu entre eles.

O ano pasado para que as contas saísen adiante, a daquela alcaldesa mesmo se someteu a unha cuestión de confianza que non superou. Agora, as cousas cambiaron e moito na política cambadesa. Mudaron case todos os actores principais e, de entrada, parece que tamén o resultado. Polo momento, o BNG xa confirmou que mañá vai apoia-la proposta de orzamentos presentada polo bipartito.

As liñas vermellas do BNG pasaban por varios eixos: a reapertura dos centros culturais das parroquias e o compromiso de crear liñas de axuda para os comedores escolares. Tamén se van incrementa-las partidas para festas populares, cultura e deportes.

Tanto o BNG como o alcalde celebran o entendemento entre as partes nesta ‘nova etapa’ que naceu trala saída da primeira liña da socialista Fátima Abal e do nacionalista Víctor Caamaño.

As contas cambadesas sairán adiante mañá en Pleno. Roldan case os 10 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí