Avisav reclama xustiza para os afectados polo medicamento Depakine

VILAGARCIA> Un medicamento antiepiléptico provocou, presuntamente, diferentes efectos secundarios nos fetos das nais ás que llo receitaron. As afectadas únense nunha asociación chamada Avisav e demandan á farmacéutica para que compense ás vítimas polos danos provocados. Unha delas reside no Salnés e cóntanos o seu caso.

O Valproato sódico, tamén chamado Depakine, é un medicamento que se receita ás persoas con epilepsia. Segundo diferentes estudos médicos este fármaco pode provocar efectos secundarios nos fetos das mulleres embarazadas. Dende 1980 rexístranse varios caso de nenos e nenas vítimas deste medicamento. Non foi ata o 2015 cando se avisaron dos seus riscos para as embarazadas.

Os efectos secundarios nos fetos deste medicamentos son variados: dismorfia facial, anomalías conxénitas ou retraso do desenvolvemento.

As familias afectadas crearon unha asociación chamada Avisav. O obxectivo é que a farmacéutica compense as vítimas e evitar que ningunha muller volva a tomar este medicamento.

A farmacéutica tivo que compensar as miles de vítimas en Francia e en Estados Unidos. Avisav xa presentou unha demanda e agora tenta reunirse coa Xunta, o goberno central e a raíña. Dende a asociación piden aos médicos e neurólogos que deriven estes casos a Murcia onde se está a realizar un estudo con tódalas vítimas. A agrupación sinala que en España poderían estar afectadas máis de 500 persoas. Agardan que moitas familias damnificadas, e que non saben, se unan á súa loita.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí