PONTEVEDRA> O goberno municipal presentou esta mañá dúas novas iniciativas enmarcadas dentro da programación do Salón do Libro. A primeira, unha escola de lecturas para familias curiosas. A segunda, merendas literarias nas que o humor será o nexo de unión entre os máis pequenos e os máis maiores.
Aínda quedan uns meses para que se celebre a XXI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Por iso, para que a espera non se faga moi longa, o Concello de Pontevedra presentou esta mañá dúas iniciativas enmarcadas deste evento. A primeira, unha escola de lecturas para familias curiosas. O obxectivo desta actividade é ensinar aos pais e nais que tipo de libros poden gustar aos seus fillos.
A segunda iniciativa do goberno municipal neste eido basease nunhas merendas literarias. Nelas unirase aos escolares da cidade coas persoas maiores da Residencia de Campolongo. A intención é que xuntos compartan o lema desta edición do Salón do Libro: o humor.
Esta actividade aínda non ten data de inicio, pero a escola de lecturas para familias porase xa en marcha o vindeiro 28 de outubro. En total serán 7 sesións nas que participarán especialistas como Eva Mejuto ou Luz Gallego. Todas elas desenvolveranse no Pazo da Cultura.