Meis realizará catro cursos de corresponsabilidade no fogar para loitar pola igualdade

MEIS> Normalizar o reparto de tarefas dentro e fora de fogar. Con este obxectivo o concello de Meis celebrará catro cursos de corresponsabilidade. Os talleres terá lugar do 21 ao 31 de outro. Son gratuítos e dedicados a homes e mulleres.

O concello de Meis suma un novo proxecto para loitar pola igualdade entre homes e mulleres. Co obxectivo de normalizar o reparto de tarefas dentro e fora do fogar, o municipio celebrará catro cursos de corresponsabilidade. Fontanería, electricidade, cociña e mecánica son os talleres que terán lugar na vila do 21 ao 31 de outubro. Son gratuítos e agárdase a participación de homes e mulleres.

Con estes cursos búscase que tanto homes como mulleres adquiran coñecementos para facer fronte ás diferentes situacións que poden xurdir no día a día.

Para concienciar á veciñanza é importante comezar a educar aos máis pequenos. Por iso, ademais dos cursos, o concello tamén impartirá charlas nos diferentes centros educativos do municipio.

O cursos teñen un límite máximo de 15 prazas. Os interesados poden inscribirse non cursos que desexen.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí