Remata a sexta edición do Coworking de Barro coa presentación de 16 proxectos ‘valentes’

BARRO> Hoxe rematou a sexta edición do coworking de Barro, impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial. Como vén sendo habitual, nesta xornada de clausura, os emprendedores que participaron na experiencia presentaron os seus proxectos.

A sexta edición do Coworking de Barro foi virtual, por mor da covid. Hoxe, na súa clausura, os 16 proxectos emprendendores puideron verse as caras. Foi nun acto ao que asistiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, que impulsa o proxecto xunto a Escola de Organización Industrial. Carmela Silva cualificou ás persoas participantes de ‘valentes’ por desenvolve-la súa iniciativa laboral no medio dunha pandemia.

A xornada de hoxe serviu de presentación dos proxectos participantes no coworking. Iniciativas como un banco de hortas urbanas, rutas no medio rural e a montaña, a creación de produtos artesáns relacionados co Camiño de Santiago ou a posta en marcha dunha clínica veterinaria móbil. Proxectos todos eles, di Carmela Silva, que van xerar riqueza na provincia.

Pola súa banda, o alcalde de Barro quixo destacar que o coworking está cumprindo o cometido para o que foi creado, chegando, dixo,á madurez nesta sexta edición.

Abraldes tamén aproveitou para poñer en valor o papel que está xogando o polígono de Barro no desenvolvemento económico da localidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí