A Xunta destina 134 mil euros para os centros comerciais abertos de Noia, Ribeira, Boiro e Rianxo

NOIA> A Xunta, a través da consellería de Economía, Emprego e Industria, destinará este ano uns 134 mil euros á mellora da competitividade do comercio de proximidade nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia. Farao a través de catro axudas para apoiar o asociacionismo nos centros comerciais abertos de Noia, Boiro, Rianxo e Ribeira.

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, falou esta mañá en Noia desta nova liña de axudas que vén de poñer en marcha a consellería de Economía, Emprego e Industria que teñen como obxectivo reforzar o papel das asociacións de comerciantes na dinamización do comercio local co fin de atraer novos clientes e mellorar os servizos que ofrecen.

Nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia apoiarase a un total de catro centros comerciais abertos: Boiro, Rianxo, Ribeira e Noia por un importe total das axudas que superan os 134 mil euros. Unha feito que destacaron dende Noia Historica, unha das patronais que se beneficiarán destas achegas.

Estas achegas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ó comercio de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí