A oposición de Ribeira pide a reprobación do alcalde

RIBEIRA> BNG, PBBI e Suma Ribeira acusan ó rexedor do incumprimento sistemático dos acordos plenarios. Poñen como exemplo o acontecido co estudo técnico comparativo independente dos proxectos para a construción da futura circunvalación do municipio.

Por primeira vez no que vai de mandato, tres dos catro grupos da oposición de Ribeira: BNG, PBBI e Suma Ribeira únense para pedir a reprobación do alcalde, Manuel Ruíz, ó que lle esixen o cumprimento dos acordos plenarios. Os tres grupos presentaron unha moción para o seu debate nno vindeiro pleno na que piden que se respecte o acordo plenario aprobado pola maioría da corporación municipal o pasado mes de outubro relativo á realización dun estudo técnico comparativo independente sobre os diferentes proxectos para construír a futura circunvalación no municipio. Algo que segundo eles se incumpriu.

Compareceron diante dos medios con representantes da Plataforma de Veciños Afectados pola Circunvalación, que na última semana estiveron recollendo unhas 1.200 sinaturas
para entregar no Concello e solicitar o cumprimento do acordo plenario.

Ademais de esixir a realización dun novo estudo rigoroso que analice tamén o proxecto de mellora da estrada provincial entre Xarás e Frións, que foi desbotado, os representantes das tres formacións reclámanlle á corporación municipal que inste á Xunta de Galicia a establecer un diálogo coa veciñanza afectada polo trazado proposto pola consellaría de Infraestruturas e Mobilidade e se notifiquen os acordos incluídos nesta proposta tamén ós grupos do Parlamento de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí