A XXIV edición da Pedestre de Noia renderá homenaxe a Hipólito Rey ‘Polo’

NOIA> A Carreira Nocturna Pedestre Popular de Noia alcanza xa a súa vixésimo cuarta edición. Desenvolverase este sábado a partir das oito e media e renderá unha homenaxe póstuma a Hipólito Rey, gran impulsor do atletismo no concello.

Xa hai 400 inscritos na 24 edición da carreira Pedestre de Noia que terá lugar no municipio este sábado 3 de setembro. Como é tradición dende a súa creación será nocturna con saída ás oito e media para os escolares na alameda e ás nove e media para os corredores que participen na absoluta cunha distancia de 8 quilómetros.

A partir desta edición, a carreira levará tamén o nome de Hipólito Rey. O concello e o club pretenden así renderlle unha homenaxe a un dos grandes impulsores non só desta cita deportiva senón do atletismo no concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí