Un recoñecemento a toda unha vida de traballo

PONTEVEDRA> O Auditorio Sede Afundación de Pontevedra foi o escenario elixido para acoller os Premios Pontevedreses. Uns galardóns do Diario de Pontevedra cos que se pretende poñer en valor o talento, a constancia e o esforzo de diferentes persoas e empresas da comarca. Os elixidos nesta 13ª edición foron César Portela, Óscar Graña, Carmen Salinero, Marta Pazos, a asociación Boa Vida e a startup Qbitia.

Poñer en valor o traballo e o esforzo de diferentes persoas e colectivos da nosa comunidade. Ese o obxectivo dos Premios Pontevedreses. Un acto levado a cabo no Auditorio Sede Afundación e que estivo marcado pola emoción e pola alegría. Dous sentimentos que acompañaron a todos os galardonados nesta 13ª edición. Os elixidos foron o arquitecto César Portela, o piragüista Óscar Graña, a presidenta da Sociedade Española da Camelia, Carmen Salinero e a actriz e dramaturga Marta Pazos. Os dous premios colectivos foron á startup Qbitia e á asociación Boa Vida.

As autoridades que participaron no acto tampouco quixeron pasar por alto o traballo das persoas e colectivos premiados. Tanto o presidente da Xunta de Galicia como o alcalde de Pontevedra puxeron en valor as súas traxectorias.

Os galardóns do Diario de Pontevedra serviron para recoñecer o esforzo daquelas persoas e colectivos que traballan por e para a cidade e que presumen dela. E dende Auditorio e con estes distintivos, Pontevedra quixo presumir deles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí