O PP oficializa a fichaxe de Sueiro para o ‘novo proxecto’ en Meaño

MEAÑO> Un novo home para un novo proxecto. Así resumiu o presidente do Partido Popular provincial a fichaxe do xa exedil de SAL, Suso Sueiro, para presidir a xestora do PP de Meaño. Sueiro explicou que consideraba esgotado período en Sanxenxo, por iso aceptou a proposta dos populares. Asume esta nova etapa apostando por dialogar co tecido asociativo e veciñal meañés. Tamén cos edís do PP de Meaño que xa manifestaron o seu apoio ao alcalde, o expopular Carlos Viéitez.

Cun apertón de mans, Alfonso Rueda e Suso Sueiro selaron esta tarde a fichaxe do exedil de SAL para presidir a xestora do Partido Popular de Meaño.

Rueda destacou de Sueiro ser meañés de nacemento, o seu vencello coa vila e a súa experiencia no goberno de Sanxenxo. O xa presidente da xestora popular explicou que a súa intención é dialogar co tecido asociativo e veciñal do municipio e coa militancia do PP.

Ademais de estrear cargo, Suso Sueiro estrea tamén militancia no Partido Popular. Asegura que a decisión de abandonar a súa acta como edil en Sanxenxo foi entendida por SAL, aos que comunicou a súa decisión a principios desta semana.

En Meaño, o reto que asume non é menor. Trala expulsión no alcalde Carlos Viéitez do partido, toda a candidatura optou por posicionarse do seu lado. Segundo Rueda, seguir pertencendo ao PP vai depender deles.

Agora, Suso Sueiro terá que traballar para formar o equipo que o acompañe á fronte da xestora do PP meañés, substituíndo ao da exalcaldesa popular Lourdes Ucha. A súa intención é conseguilo en quince días, aínda que confesou que é moi difícil fixar un prazo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí