O comercio da Pobra sorterá unha viaxe a Disney entre os seus clientes este novembro

A POBRA> Medio cento de establecementos participarán na Campaña Merca na Pobra que vai poñer en marcha a concellería de Promoción Económica. Desenvolverase entre o 9 e o 30 de novembro co fin de activar as compras no comercio local. Os clientes entrarán no sorteo dunha viaxe a Eurodisney.

Os comerciantes da Pobra adiántanse á campaña de Nadal coa posta en marcha de ‘Merca na Pobra’.

 Trátase dunha iniciativa impulsada pola concellería de Promoción Económica que ten por obxectivo incentivar as vendas durante o mes de novembro, habitualmente con menor movemento de clientes.

Os clientes que realicen as súas compras en calquera dos 50 establecementos participantes recibirán unha rifa por cada dez euros coa que entrarán no sorteo dunha viaxe a Eurodisney.