O PP valora os orzamentos da Deputación para 2020 como “anti provincia e anti concellos”

PONTEVEDRA> O grupo provincial do PP valorou esta mañá  o presuposto cos que contará a Deputación o vindeiro ano. Uns orzamentos cualificados polo voceiro popular como “anti provincia e anti concellos”. Jorge Cubela incidiu tamén hoxe na falta de diálogo, de xestión e de proxecto que está a demostrar o goberno liderado por Carmela Silva.

Anti provincia, anti concellos, anti diálogo e anti traballadores. Eses son algúns dos términos que o grupo provincial do PP empregou esta mañá para valorar os orzamentos presentados pola Deputación de Pontevedra para o ano 2020. Uns presupostos nos que aumenta o gasto corrente en detrimento da inversión.

Pero o máis criticado polo voceiro popular foi a redución dos orzamentos do Plan Concellos. Uns datos que non concordan cos anunciados por Carmela Silva e que, segundo Jorge Cubela, supoñen unha baixada de 1,2 millóns de euros con respecto ao ano 2019.

Jorge Cubela puxo tamén o foco nos investimentos e criticou que cada ano a Deputación só execute un 50% dos orzamentos.

O voceiro popular considera que Carmela Silva está a utilizar a lei do máis forte e non está a escoitar nin ao resto de deputados nin aos catro sindicatos que teñen representación na Deputación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí