Juan Carlos Quer: ‘Este señor deixou catro vítimas’

SANTIAGO> Nesta primeira xornada de xuízo tamén prestaron declaración en calidade de testemuñas os pais da moza madrileña. Ambos describiron a Diana como unha rapaza inxenua, que non correría riscos innecesarios. Tamén falaron de como a súa desaparición e morte estragoulles a vida.

Juan Carlos Quer soubo que algo ía mal cando recibiu a chamada da súa filla pequena. Valeria alertouno de que Diana non durmira na casa o 22 de agosto de 2016. Tras chamar a varios coñecidos da moza sen que ninguén soubera do seu paradoiro, o pai viaxou ata Galicia. Hoxe, describía a súa filla como unha rapaza obediente e inxenua.

O pai da moza madrileña describiu o que viviu a familia dende a nova da súa desaparición ata que apareceu o seu corpo case 500 días despois. Unha experiencia que marcounos para sempre, especilamente a Valeria Quer.

A descrición de Diana López-Pinel do vivido foi semellante. Asegura que tanto ela como Valeria caeron en varias depresións. Nun momento da súa declaración tamén se dirixiu ao Chicle.

O xuízo continuará mañá coas declaracións de máis testemuñas, entre elas cinco familiares de José Enrique Abuín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí