A Consellería do Mar asesora a Turquía para mellorar a competitividade do seu sector pesqueiro

GALICIA> Galicia exporta as capacidades do seu sector pesqueiro. A través dun proxecto de cooperación con Turquía, asesora a este país en materia institucional e técnica de cara a fortalecer a posición de ámbolos dous países no mercado común da pesca europea.

A Conselleira do Mar participou en Ankara na presentación oficial do Proxecto de Desenvolvemento de Capacidades para as organización sde Produtores Pesqueiros promovido pola Unión Europea. Esta iniciativa, dotada cun orzamento dun millón de euros, desenvolverase durante un ano prorrogables en tres meses máis. O obxectivo é prestar asesoramento á Dirección Xeral de Reforma Agraria da República de Turquía para mellorar a competitividade do seu sector pesqueiro, a través do desenvolvemento das organizacións de produtores.

A elección de Galicia para liderar este proxecto non é casual. Ademais da súa competencia e experiencia no sector marítimo pesqueiro, a Dirección Xeral de Reforma Agraria de Turquí valorou as similitudes entre a estrutura pesqueira de ámbolos dous países, marcada pola flota artesanal e a dispersión xeográfica dos portos.

Rosa Quintana puxo en valor os esforzos que está a realizar Turquía, ó igual que Galicia, en materia de ordenación e control, especialmente na loita contra a pesca ilegal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí