A bonoloto deixa preto de 300 mil euros en Vilagarcía

VILAGARCIA> A sorte volve sorrir á comarca do Salnés. Unha bonoloto deixa en Vilagarcía preto de 300 mil euros. O agraciado fixo a aposta automática e gasto só 3 euros.

298.587 euros. Esa é a cantidade que unha afortunada ou afortunado gañou coa bolonoto no sorteo celebrado no día de onte. O boleto foi selado na administración número 4 de Vilagarcía. A combinación gañadora é o 5, 21, 22, 29, 39 e 41, a aposta tivo un valor de só 3 euros e foi feita de forma automática.

Polo de agora descoñécese o agraciado. Segundo Carlos ao tratarse dunha automática o normal é que agraciado achéguese a vindeira semana a comprobar o boleto. Tamén cabe a posibilidade que coa repercusión se achegue á administración ou acuda directamente ao banco.

Os preto de 300 mil euros non é o premio máis grande que repartiu a administración de San Roque. O mes de novembro é o mes da sorte para este negocio que nos últimos anos repartiu máis de dous millóns de euros.

O premio cae en Vilagarcía a un mes de que se celebre a lotería de nadal. Un aliciente para incrementar as ventas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí