Conta atrás para a Gala da Muller de Cambados

CAMBADOS> O Concello de Cambados presenta a gala da muller que terá lugar o próximo domingo. Nela recoñecerase a diferentes mulleres da vila. Actuacións, monólogos e proxeccións completarán a gala.

O concello de Cambados revelou as sorpresas que tiña pendentes para a gala da muller do próximo domingo. Como todos os anos homenaxearase a diferentes mulleres da vila como é o caso da más maior, que de novo é Carmen Dios, e a máis pequena que é Manuela Costa. Este ano serán recoñecidas tamén dúas deportistas cambadesas.

Ademais dos méritos deportivos o Concello tamén quixo recoñecer a dúas mulleres que realizan traballos historicamente masculinizados.

Mónica Novás valorou a importancia de recoñecer a estas mulleres para demostrar ós máis mozos que tanto homes como mulleres podemos realizar calquera traballo ou deporte.

A gala será presentada por Belén Xestal e haberá bastantes sorpresa como: A actuación musical de Pauliña, a proxección dun vídeo da Asociación de mulleres rurais “As Saiñas” de Castrelo e outro da presidenta da asociación das mulleres en igualdade. Tamén haberá un monólogo de Susana Álvarez.

Comments are closed.