A Pobra oferta un espazo de lecer para adultos con problemas de saúde mental

A POBRA> O concello da Pobra porá en marcha un programa de lecer para persoas adultas con problemas de saúde mental. Está organizado pola concellería de Servizos Sociais e a asociación Pro-Saúde Mental A Creba.

A partir do mes de marzo, comezará a funcionar o ‘Espazo Activa o teu Lecer’. Trátase dun programa impulsado pola concellería de Servizos Socias da Pobra en colaboración coa asociación A Creba para ofrecer unha alternativa de ocio a persoas adultas con problemas de saúde mental.

Desenvolverase os martes e os venres en horario de mañá e unha vez ó mes terá lugar unha saída cultural.

Ofertaranse inicialmente dez prazas. As inscricións xa se poden realizar nas dependencias de Servizos Sociais.