O PP da Pobra faise eco do malestar veciñal ante a inseguridade

POBRA> Os populares demandan maior dotación, tanto de medios como de persoal, na actual plantilla da Policía Local.

O PP recolle o malestar crecente no sector comercial e hostaleiro da vila, así como da veciñanza en xeral, pola falla de seguridade que se dá no municipio. Nas últimas semanas aumentaron significativamente o número de roubos en locais, algo que suscita unha enorme preocupación.

Durán denuncia a falla de medios e de efectivos no cadro de persoal da Policía Local e responsabiliza desta situación ó executivo, que non é capaz de resolver este problema.