Búscase sobre perdido con diñeiro en Noia

NOIA> A Policía Local busca un sobre perdido por un veciño da localidade cunha importante cantidade de diñeiro. O aviso, que está a ter moita repercusión a través das redes sociais, pide a súa devolución, ó tratarse do salario e única fonte de ingresos dunha familia necesitada, con dous menores a cargo.

O sobre co diñeiro fora retirado da oficina do BBVA, na rúa Porta da Vila, a escasos metros da alameda. Un lugar moi transitado.

Polo que dende a Policía Local solicitan que se devolva nas propias dependencias policiais. Para facilitar esa posible devolución, dende as forzas da orde garanten unha absoluta confidencialidade, de forma que a entrega do sobre cos cartos non supoña ningún prexuízo para quen o atopara.

De seguro que esa boa acción porá fin ó disgusto que nestes momentos sofre a familia, que xa está a pasar por serias dificultades económicas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí