Detido un noiés por diversos roubos a coches en praias da comarca

NOIA> A Garda Civil detivo a un veciño da localidade como presunto autor de varios  roubos cometidos en coches estacionados nas praias da comarca. Os axentes lograron recuperar parte dos obxectos subtraídos e uns 1.500 euros en metálico.

En total está acusado de cometer máis dunha ducia de roubos en coches estacionados en varias praias da comarca. A colaboración cidadá foi tamén fundamental para a súa detención, xa que unha descrición facilitada por uns testemuños, puxo á Garda Civil sobre a pista.

Presuntamente foi o autor de roubos en vehículos estacionados nos areais sonenses de Baroña, A Aguieira, As Gaviotas e Os Castros e tamén noutros cometidos na praia de Broña en Outes.

Ó parecer sempre empregaba o mesmo ‘modus operandi’. Buscaba estacionamentos masificados e sen vixilancia. Coa axuda dunha pedra rompía un dos cristais do vehículo para levarse todo o de valor que houbera.

A Garda Civil puido recuperar boa parte dos obxectos subtraídos, que xa foron devoltos ós seus propietarios, así como uns 1.500 euros en metálico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí