Fernández Lores insiste na necesidade dun estudo xeotécnico: ‘Levantar o Gafos, si. A cegas, non’

PONTEVEDRA> Sobre este proxecto de renaturalización do Gafos saíu hoxe tamén á palestra o alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores insistiu en que a documentación que hai é insuficiente para comezar unha obra desa envergadura. Insistiu en que o estudo xeotécnico é imprescindible e que xa deu a orde para que se contrate. Quere levantar o Gafos, asegurou, pero non a cegas.