BOIRO> Ante a baixada de postos que acoden semanalmente ó mercadiño ambulante dos martes, Boiro Novo propón unha serie de medidas para a súa dinamización. Consideran que a escaseza de servizos para os potenciais clientes como a falla de espazos de aparcamento ou aseos públicos están detrás desta baixa afluencia. Por estas razóns propoñen a creación dunha comisión na que ademais dos grupos políticos participen representantes do comercio local e dos vendedores ambulantes co fin de consensuar medidas de dinamización. Unha comisión que debería abordar tamén, din, a posible reubicación do mercado, tal e como teñen solicitado algúns comerciantes.
Inicio BARBANZA