A POBRA> O concello da Pobra acomete as obras para urbanizar e dotar de servizos básicos ó lugar da Mirandela. A actuación, cun prazo de execución de catro meses, suporá un investimento de 140 mil euros e dará servizo a unhas 30 vivendas.
A empresa ANSPAL Construcións iniciou xa os traballos para instalar as redes de saneamento e abastecemento de auga no lugar da Mirandela. A actuación complementarase co reforzo do alumeado e a pavimentación de varias vías.
A actuación dará servizo a unha 30 vivendas así como as numerosas parcelas dispoñible para construción posto que se trata dunha zona clasificada como chan urbano.
O obxectivo do concello é dotar de servizos esenciais a tódolos núcleos de poboación, incidindo no rural.
A obra suporá un investimento próximo ós 140 mil euros financiados con cargo ó POS da Deputación da Coruña.