Comezan as obras do novo tanque de tormentas de Rianxo

RIANXO> Esta mesma semana dará comezo as obras do tanque de tormentas de Rianxo. Esta actuación, presupostada en preto de cinco millón de euros, dará solución ós problemas de vertidos derivados da escasa capacidade da estación depuradora.

O inicio das obras do novo tanque de tormentas supón unha boa nova non só para Rianxo senón para toda a Ría de Arousa. O novo colector, que terá un custe de 4’8 millóns de euros cofinanciados nun oitenta por cento por fondos FEDER, resolverá os problemas derivados dos falos no actual sistema de bombeos.

As obras, que se iniciarán este xoves contan cun prazo de execución de 24 meses. Para reducir o seu impacto visual, a empresa adxudicataria utilizará unha tuneladora de última tecnoloxía que executará un treito de oitocentos metros.

Durante a súa visita ó Barbanza, o delegado provincial desprazouse tamén ata Outes onde se vai acometer a segunda fase da mellora da seguridade na travesía AC-550. Nas próximas semanas, a Xunta procederá á contratación da redacción do proxecto.

4 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí