O concello de Meis recuperará as representacións da Semana Santa de Paradela

MEIS> Meis recupera este 2022 a celebración da Semana Santa de Paradela. Os actores e actrices levan meses preparando a escenificación única que se realiza na parroquia meisina. As representacións realizaranse ao aire libre e coas medidas oportunas para velar pola seguridade sanitaria en todos os actos.

Despois de dous anos de ausencia, o concello de Meis recupera a celebración da Semana Santa de Paradela. Para anunciar o regreso, parte do elenco que participa nas escenificacións fixeron unha pequena representación do que é a Semana Santa en Paradela.

Na celebración da Semana Santa de Paradela non faltan as misas. Todos os actos garantindo a seguridade sanitaria.

Nas escenificación participan 50 persoas. Os actores e actrices levan 2 meses preparando as representacións.

A celebración comezará o domingo 10 de abril coa representación da entrada en Xerusalén, o xoves 14 terá lugar a última cea, o venres 15 as últimas horas de Xesús, a crucifixión, o desencravo e o santo enterro e os actos pecharase o domingo coa resurrección.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí