Cambados recupera a celebración dos Maios coas actuacións dos centros escolares

CAMBADOS> Camabados recupera a súa tradicional celebracións dos maios. Nos xardín do Pazo Torrado, os diferentes centros de educación de infantil e primaria da vila realizaron dúas actuacións. Na actividade participou unha representación de cada colexio con nenos e nenas de todas as idades.

Tralo fin da pandemia, o concello de Cambados recuperou un dos seus festivais máis tradicionais, o dos Maios. Unha representación de todas as idades dos nenos e nenas dos centros escolares de educación infantil e primaria da vila realizaron dúas actuación nos xardíns do Pazo Torrado.

Ademais de ensaiar as cancións, cada centro tamén preparou o seu propio maio.

Dende os colexios destacan a implicación dos máis pequenos.

E eles mesmos compartiron a súa experiencia.

No festival tamén participou o centro de día de Cambados. Unha saída moi demandada polos usuarios.

A celebración dos maios continuará mañá coa participación das asociacións e os grupos culturais da vila. A saída terá lugar dende a Praza do Concello ata os Xardíns de Torrado.