Os traballadores da planta de compostaxe de Servia irán a folga o próximo 7 de decembro

LOUSAME> Os traballadores da planta de compostaxe de Servia, en Lousame, irán á folga o vindeiro sábado día sete para demandar a equiparación salarial co resto de plantas de Galicia. Esixen que se inclúa, na negociación do convenio colectivo, un plus de tóxicos dun vinte e cinco por cento máis. Tras oito meses de negociacións sen avances o comité convocou este paro que afectará á recollida pola mañá e pola noite nos nove concellos da mancomunidade Serra do Barbanza. No caso de non achegar posturas coa empresa ó longo do mes de decembro, non descartan novas convocatorias de folga de cara ó Nadal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí