A ABE galardoada cun accésit nos Premio Nacionais de Comercio 2019

BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios vén de ser galardoada cun accésit nos Premios Nacionais de Comercio 2019 que convoca o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, no apartado de Centros Comerciais Abertos. O distintivo seralle entregado á patronal boirense o vindeiro 18 deste mes de decembro en Madrid. Un acto ó que ademais dos responsables da ABE ten previsto acudir o alcalde, José Ramón Romero.

Despois de recibir xa no ano 2015 unha mención especial, a Asociación Boirense de Empresarios ven de ser distinguida co ‘Accesit’ ó premio nacional de comercio 2019 no apartado de centros comerciais abertos por parte do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Dende a patronal local destacaron a importancia deste galardón que premia o traballo realizado nestes anos de cara á modernización e desenvolvemento da actividade comercial.

Dende o Concello destacaron tamén a importancia deste premio, que vén a mostrar o bo traballo realizado pola asociación dende hai moitos anos.

O acto de entrega do distintivo terá lugar o vindeiro 18 deste mes de decembro en Madrid. Un acto ó que acudirá o presidente da ABE en representación do CCA Boiro Aberto, ó que acompañará tamén o propio rexedor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí