Os dirixentes políticos únense na repulsa polo triplo asasinato machista de Valga

PONTEVEDRA> Pontevedra foi o escenario da condena institucional do triplo asasinato machista. Diante da subdelegación do goberno concentráronse representantes políticos, dos corpos e forzas de seguridade do Estado e de colectivos sociais. Estiveron encabezados polo Delegado do Goberno en Galicia, que animou a denunciar calquera indicio de violencia machista para evitar estes desenlaces.

Case minuto e medio de aplauso para romper cinco minutos de silencio en memoria de Sandra, Alba e María Elena.

O delegado do Goberno en Galicia pediu a complicidade da sociedade para loitar na erradicación da violencia machista. Sobre todo, denunciando as situacións que parezan sospeitosas.

Javier Losada explicou tamén os avances na investigación. Onte puido recuperarse a arma coa que presuntamente se cometeron os asasinatos das tres mulleres. Localizouse no punto sinalado polo autor confeso do crime, que confesara que a tirara ao río Tambre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí