Conta atrás para que chegue o Nadal a Pontevedra

PONTEVEDRA> Comeza a conta atrás para o acendido de luces de Nadal en Pontevedra. Este ano o goberno municipal mellora a súa iluminación coa instalación de 4 árbores e de 2 bolas xigantes. Ademais, o Concello tamén amplía a súa programación con actividades como o Mundo Nadal, o Ponte Xogos ou a visita do Apalpador e a Apalpadora.

Os pontevedreses e pontevedresas esperan con ansias este momento.  O acendido de luces levarase a cabo este xoves ás 18:00 horas na Praza da Ferraría. Un acto que marcará o inicio do Nadal e que este ano traerá ademais moitas sorpresas.

As luces de Nadal chegarán a rúas como Josefina Arruti, a Avenida de Vigo, Loureiro Crespo ou María Vitoria Moreno. E ademais, o goberno municipal instalará este ano 4 árbores e 2 bolas xigantes.

En canto á programación, este ano haberá máis dun centenar de actividades. Entre elas destaca o Pontexogos, o Mundo Nadal ou a visita do Apalpador e a Apalpadora. Como novidade, estas festas de Nadal estenderanse tamén aos barrios e a distintos centros culturais.

O Nadal rematará o vindeiro 5 de xaneiro coa cabalgata de Reis. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as principais rúas da cidade e farán a tradicional recepción oficial no Pazo de Mugartegui. Toda a programación destas festas podédela consultar na páxina web do Concello de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí