Vilgarcía activa o protocolo de frío para axudar ás persoas sen fogar

VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía, Cáritas e Cruz Vermella activan o protocolo de frío para este nadal. Dende as asociacións repartirán roupas e mantas para os máis necesitados. Cáritas organizará ademais unha comida os días de nadal e de ano novo.

A falta duns días para que comece o inverno chega a primeira onda de frío. Os concellos e as ONGs activan os dispositivos para intentar que ninguén sufra coas baixas temperaturas. En Vilagarcía, o concello dirixe un protocolo, mediante o cal, asociacións como Cáritas e Cruz Vermella poñen a disposición dos máis necesitados roupa e mantas.

No caso de Cáritas complementan esta axuda con ceas quentes e produtos e doces de Nadal. Ademais os días de Nadal e fin de ano celebran unha comida para os usuarios.

O día 25 un grupo de voluntarios ademais farán unha cea para todos os usuarios. Dende Cáritas reivindican a posibilidade de dispoñer dunha vivenda para intentar que ninguén durma nas rúas.

Ademais do servizo habitual de comidas, Cáritas tamén ten un comedor sobre rodas. Cun dobre obxectivo, que ninguén pase e fame, e sobre todo, evitar á soidade das persoas dependentes que viven soas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí