A alcaldesa de Moraña considera unha prioridade ser a sede do GES Ulla – Umia

MORAÑA> Moraña preséntase como sede para acoller ao GES do Ulla – Umia. Dende o concello consideran este servizo como unha prioridade. A comisión de seguimento reúnese mañá para tomar unha decisión.

O GES da zona Ulla – Umia actualmente atópase sen sede. Unha situación á que se chegou ante a negativa de Valga e Caldas de acoller este servizo. Dada a vacante, o concello de Moraña presentou á solicitude á comisión de seguimento para acoller ao equipo de emerxencias.

Para Moraña é prioritario acoller este servizo.

A alcaldesa non entenden o rexeitamento de Caldas a este servizo. Asegura que eles cumpren todos os requisitos para poder acollelo.

A comisión de seguimento tomará mañá unha decisión. En caso de que sexa aprobado habería que recolocar o mapa de acción deste servizo e do da Estrada. Dende Moraña aseguran que dende o seu concello podería cubrirse toda a comarca do Ulla – Umia e outros concellos limítrofes como Ponte Caldelas ou Barro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí