A POBRA> Isabel Soler gañou o concurso de ideas convocado pola concellería de Igualdade da Pobra para elaborar unha escultura en homenaxe ás vítimas de violencia de xénero. O xurado elixiu a obra ‘Como auga’ por unanimidade.
Esta tarde, o xurado do concurso de ideas para a homenaxe ás vítimas da violencia machista, facía público o seu ditame. A obra ‘Como auga’ da artista pobrense Isabel Soler foi a escollida polos membros do xurado entre os que se atopaban as artistas Soledad Penalta e Aida López.
En total presentáronse tres ideas pero unha tivo que ser descualificada por non reunir toda a documentación requirida. O xurado non o tivo doado posto que a outras das propostas, de Columba Bello, tamén destacaba pola súa calidade artística e reivindicativa, o que lle fixo merecedora dun accésit.
Tralo fallo do xurado, a gañadora dispón dun ano para executar en gran tamaño a escultura que se colocará nun espazo público acorde ás súas características. Ademais dunha dotación económica de 3000 euros o premio suporá a adxudicación da realización da obra por un importe máximo de 9000 euros.