Preocupación no Barbanza ante a disparada incidencia do covid

BARBANZA> Preocupación nos concellos do Barbanza ante a evolución da pandemia que non deixa de sumar novos positivos. Aínda que a maioría das actividades previstas para estas datas, algúns concellos optaron por modificar o seu programa de Nadal para evitar aglomeracións e garantir as medidas sanitarias.

Imparable a evolución do covid no Barbanza. Ribeira e Boiro pasan xa dos 400 infectados cada un con 419 e 416 respectivamente. Tamén preocupa a escalada en Rianxo e na Pobra, ambos por riba dos 150 positivos polo nalgúns casos xa optaron por suspender ou reorganizar as actividades previstas nestes días.

Noia ascende tamén ata os 287 positivos liderando o ránking da comarca na que tódolos concellos rexistran subas con respecto á pasada xornada.Muros acende ata os 179 e Porto do Son a 158. Polo que respecta a Outes suma xa 59 positivos mentres que Lousame 42.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí