CALDAS> Tráxico accidente en Caldas de Reis. A colisión entre un vehículo e un camión deixa 3 falecidos e unha cuarta vítima ferida de gravidade. Os falecidos son 3 mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 24 anos. O condutor non dispoñía de carné de conducir.
A traxedia volveu sacudir a vila de Caldas de Reis. Ao redor das once da pasada noite, os servizos de emerxencia foron alertados pola colisión dun camión e un vehículo na estrada N-624. O aviso o deu o condutor do camión, que en estado de shock advertía da gravidade na que se atopaba a súa muller, que circulaban con el de copiloto, e os tres ocupantes do vehículo. Ao chegar os servizos de emerxencia atoparon ferida de gravidade á muller do camioneiro e falecidos aos ocupantes do vehículo, tres mozos de entre 18 e 24 anos.
O vehículo proviña da PO 221 á altura da presa de Caldas de Reis. O camión circulaba pola estrada N-624. As causas do accidente aínda estanse investigar pero todo apunta a que o turismo saltouse o sinal de stop e xirou na dirección prohibida sen que o camión puidese facer nada para esquivalo. O condutor era un mozo de 19 anos que carecía de carné de conducir.
Ata o lugar se desprazaron os efectivos do parque de bombeiros de Ribadumia e Vilagarcía, a policía local de Caldas, as agrupacións de protección civil de Caldas, Moraña, Cuntis e Portas, A Garda Civil e o servizo de conservación e mantemento das estradas. Para atender ás vítimas foi necesaria a actuación da ambulancia de Caldas e a ambulancia medicalizada do Salnés.
O accidente deixa en loito ás tres vilas das que eran procedentes os mozos falecidos. O condutor de 19 anos era natural de Moraña, a copiloto de 18 anos de Vilagarcía e propietario do vehículo, que se atopaba no asento traseiro, tiña 24 anos e era de Caldas de Reis. A muller ferida de gravidade atópase no hospital cun prognóstico reservado.