A POBRA> A corporación municipal da Pobra aprobará mañá en pleno o Plan Provincial POS Plus 2021, cuxa contía ascende a uns 319 mil euros. Dese total ó redor duns 129 mil destinarase á execución de varias obras. A cantidade restante irá para financiamento do gasto corrente e redución da débeda.
Tres actuacións concentrarán parte do gasto que o executivo pobrense financiará con cargo ós fondos do Plan Provincial POS+ para este ano 2021.Trátase da mellora da accesibilidade ó novo parque infantil do Camiño Ancho, a mellora do parque infantil da praia de Lombiña e dotación de rede de pluviais e pavimentación no lugar de Tarrío. En total 129 mil euros.
Outra parte dos fondos do Plan irán destinados ó financiamento do gasto corrente 187 mil euros e tamén á redución da débeda, ó redor duns 45 mil.
Por primeira vez, a Deputación de A Coruña tamén elaborou un plan adicional para financiamento de gastos sociais extraordinarios o deniminado POS+ Adicional. Ó concello da Pobra corresponderanlle uns 113 mil euros, que serán destinados a diferentes accións como o pago da axuda de emerxencia, a compra de alimentos para familias necesitadas, adquisición de diverso material contra a covid, o alugueiro de emerxencia ou a posta en marcha do comedor sobre rodas, entre outras.
Seguindo as indicacións da propia Deputación, o Concello tamén participará no Plan Complementario cunha actuación que permitirá a reforma e ampliación do centro sociocultural do Camiño Ancho.
A proposta será levada mañá a pleno para a súa aprobación.