O alcalde de Boiro afirma que a suspensión do pleno se debe a razóns sanitarias

BOIRO> O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, contestou hoxe a aqueles grupos da oposición que criticaron a suspensión do pleno ordinario deste mes de abril.

Segundo o rexedor a decisión respondeu á propia solicitude de varios partidos que pedían precisamente a celebración das sesións plenarias con carácter presencial e non telemática.

Romero sae así ó paso das queixas dalgúns grupos da oposición que vían detrás da decisión do equipo de goberno intereses partidistas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí