VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía e a empresa Fundivisa firman un convenio de colaboración para a formación de persoas desempregadas. Con este acordo porán en marcha un cursos formativo coa realización de practicas na propia compañía. A empresa comprométese a contratar ao 30% dos alumnos que superen a ensinanza.
Esta sinatura entre o concello de Vilagarcía e a empresa Fundivisa supón o primeiro gran acordo acadado nas mesas de traballo iniciadas hai un ano polo goberno municipal. Con este convenio porase en marcha un curso de formación laboral para desempregados. O obxectivo e fomentar o emprego cualificado na vila.
O curso ten unha duración de 90 horas e alternará clases teóricas con prácticas na propia empresa Fundivisa. Na ensinanza participarán 15 alumnos e a empresa comprométese a contratar ao 30%.
Para a empresa é unha oportunidade de formar a empregados altamente cualificados.
O concello continuará reuníndose cos diferentes sectores da vila nas mesas de traballo para colaborar en máis proxectos. Dende a concellería de promoción económica agarda que moitas máis empresas se sumen a este proxecto piloto e crear más cursos formativos con máis entidades.