NOIA> Dende a formación piden que se dea cumprimento a un acordo plenario do pasado mes de abril .
Van alá máis de sete meses dende que se aprobara en pleno, por unanimidade de tódolos grupos con representación municipal, a realización dun estudo económico sobre o mellor modelo de xestión para o aparcamento Xuíz Falcone. Tempo máis que suficiente segundo a Marea para que o executivo que preside Santiago Freire tivera encargado este estudo e presentado xa as conclusións do mesmo.
Dende a formación fan alusión tamén a que existen unhas dúas mil sinaturas de veciños que teñen solicitado un cambio no modelo de explotación, que, segundo eles, esta fracasado e que non corresponde cun aproveitamento útil do espazo.
Para a Marea os espazos municipais non poden ser privatizados, evidenciando que o goberno local no dispón dunhas alternativa a este modelo, na que se lle dea unha maior utilidade a un espazo que custou preto dos dous millóns de euros.