Pontevedra inaugura a Semana do Orgullo dicindo “Non á plumofobia”

PONTEVEDRA> Arranca a Semana do Orgullo. Pontevedra puxo hoxe en marcha a súa programación coa presentación dunha instalación artística no balcón da Casa Consistorial. O lema deste ano é o rexeitamento á plumofobia.

Con este acto, o goberno municipal inaugurou hoxe á Semana do Orgullo. A presentación desta instalación artística na Casa Consistorial de Pontevedra puxo en marcha un programa cheo de actividades lúdicas e reivindicativas.

O obxectivo deste ano na Semana do Orgullo é mostrar o rexeitamento de toda a cidadanía á retrógrada expresión da plumofobia. Por iso, durante estes días a cidade de Pontevedra encherase de plumas de cores coma estas.

Ademais das actividades programadas polo goberno municipal, durante esta Semana levarase a cabo unha importante campaña informativa e de sensibilización. Membros do Centro de Información en Diversidade e Sexualidade repartirán flyers, pulseiras e máscaras coma estas para que todos os pontevedreses mostren, con orgullo, a bandeira LGTBI.