Os veciños do Burgo tamén poderán xogar á petanca no seu barrio

PONTEVEDRA> O barrio do Burgo contará con dous campos de petanca. O concello xa comezou as obras para dotar destas instalacións a parcela adquirida na parte traseira do pavillón dos deportes.

A petanca tamén poderá xogarse no barrio do Burgo. O concello comezou as obras para facer dous campos na parcela ubicada detrás do pavillón dos deportes municipais, expropiada polo goberno local hai un mes.

A parcela ten unha superficie de 652 metros cadrados. Ademais dos campos de petanca, o proxecto contempla a construción de varias zonas de céspede, uns viais de xabre compactado e a instalación de mobiliario urbano.

A obra ten un orzamento de máis de 43.300 euros, que se suman aos 74.000 que custou a expropiación, todo con cargo ás contas do 2019. O prazo de execución dos traballos é dun mes.

A intención do concello é tamén actuar na parcela anexa. Neste caso, prevése a realización dunha zona axardinada branda, xa que a superficie está cualificada como solo urbanizable.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí