Ribeira aproba os proxectos a finaciar co POS 2019 e 2020

RIBEIRA> A corporación ribeirense aprobou este mediodía as obras a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación para as convocatorias de 2019 e 2019. A maioría dos proxectos, que suman unha contía próxima ó millón de euros, destinaranse á mellora de servizos básicos.

As propostas do goberno para as convocatorias do POS saíron adiante cos votos a favor de PP, PBBI e PSOE e as abstencións do BNG e Suma Ribeira. Coa achega provincial de 2020 acometerase a pavimentación dun camiño en Gándara na parroquia de Artes, a renovación de servizos na rúa das Américas en Aguiño e a instalación de rede de saneamento no lugar de Agrelo.

Na convocatoria de 2019 inclúese o pavimentación e dotación de rede de pluviais na rúa do Castro en Castiñeiras. O préstamo provincial para dous mil vinte dividirase entre obras de servizos e a redución da débeda con entidades financeiras.

O POS complementario, que ascende a preto de cincocentos mil euros, inclúe saneamento nos lugares de Canabeiro e Sampedro, a renovación do alumeado nas rúas de Galicia, Lugo e Rosalía de Castro así como a pavimentación da rúa Romero Ortiz.

Malia considerar necesarias tódalas obras propostas os grupos da oposición consideran prioritarias outras actuacións polo que demandan un consenso previo da corporación.

De aí, a demanda formulada polo voceiro de Suma Ribeira para que se tomen como referencia criterios técnicos para propoñer os proxectos a incluír nesta convocatoria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí