Educación apraza ata o luns o inicio do curso no CEIP de Palmeira

RIBEIRA> Tralos escritos presentados pola ANPA do CEIP de Palmeira e polo propio equipo directivo do centro, a Consellería de Educación accedeu a retrasar o inicio do curso ata o vindeiro luns catorce de setembro.

Un aprazamento que a comunidade educativa considera insuficiente posto que cren que non dará tempo a rematar as obras e garantir a seguridade do alumnado na volta ás aulas.

Os traballos de reforma do centro educativo iniciáronse a principios de xuño; a día de hoxe non están rematados o que dificulta que se poda retomar a actividade lectiva con normalidade e, moito menos, aplicar os protocolos anti-covid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí