Buscan un padexeiro desaparecido no río Lérez

PONTEVEDRA> Desaparece un padexeiro mentres adestraba no río Lérez, en Pontevedra. Varias testemuñas deron a voz de alarma ao redor do mediodía. A piragua do home envorcou e, aínda que nun primeiro momento conseguiu agarrarse á embarcación e pedir axuda, finalmente afundiu. Dende entón, despregouse un dispositivo de busca para intentar localizalo.

Ao redor das 12 e media do mediodía unha testemuña daba a voz de alarma: un padexeiro caera ao río Lérez e pedía axuda.

Pouco despois, o home de 49 anos e pertencente ao Club Naval de Pontevedra, afundíase no río na zona entre as pontes do Burgo e das Correntes.

Na zona despregouse un dispositivo de busca para intentar localizar o padexeiro. Bombeiros, Garda Civil e Salvamento Marítimo peinaron o río na procura de calquera pista. Fóra, axentes da Policía Nacional e da Local e persoal sanitario tamén participaron no operativo.

Na busca tamén participaron compañeiros do desaparecido, membros do Club Naval de Pontevedra. Non dubidaron en subir ás súas piraguas para sumarse ao operativo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí