Palmeira acollerá un torneo solidario de fútbol sala

RIBEIRA> O polideportivo de Palmeira acollerá un trofeo de fútbol sala solidario este Nadal. Será o sábado 28 de decembro. Tanto participantes como espectadores poderá realizar doazóns de alimentos e xoguetes.

A agrupación Futsal de Ribeira, en colaboración co concello, organizará o vindeiro día 28 o primeiro trofeo de nadal de fútbol sala Cidade de Ribeira. Será un torneo express con partidos moi curtos para darlle participación a todo o mundo.

Ademais da deportiva, o evento ten unha vertente solidaria. aínda que a inscrición é gratuíta, tanto os participantes como os espectadores poderán doar alimentos non perecedoiros, xoguetes e materil escolar.

Todo o recadado será distribuído entre as asociacións benéficas local que colaboran cos Servizos Sociais de Riveira, concretamente Cáritas, Cruz Vermella, ICE Renovación e Dignidade Riveira.