Melloran os datos de afiliación e recadación na Seguridade Social

PONTEVEDRA> Incrementan as afiliacións e a recadación na Seguridade Social en toda a provincia. Así o anunciou esta mañá a Subdelegada do Goberno. A recadación mellorou en case un 7% con respecto ao ano anterior. No caso das afiliacións, no mes de novembro o número de inscritos na Seguridade Social foi de case 359.000 persoas. Un 2,44% máis que no mesmo mes de 2018.

Melloran os datos de afiliación e de recadación na Seguridade Social na provincia de Pontevedra. O número de afiliados no mes de novembro foi de 358.819 persoas. O que supón un 2,44% máis que en no mesmo período de 2018. En canto á recadación, no mes de outubro alcanzáronse os 184 millóns de euros. 12 millóns máis que no mesmo mes do ano pasado.

A Subdelegada do Goberno achacou estes bos resultados á aposta do goberno polas políticas sociais e centrouse no incremento do Salario Mínimo Interprofesional e da base mínima de cotización ao Réxime Xeral.

O director provincial da Seguridade Social incidiu en que esta evolución ascendente dos datos da afiliación e da recadación supón “unha boa referencia en canto ao bo desenvolvemento laboral en Pontevedra e a seguridade na sustentabilidade do sistema”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí