Os usuarios de AMICOS protagonizan un calendario de inspiración mariñeira

BOIRO> AMICOS presentou o seu calendario solidario para 2020 que, nesta ocasión, ten inspiración mariñeira. Un ano máis, o recoñecido fotógrafo Lesmes foi o encargado de inmortalizar ós usuarios que posaron ante a súa cámara como auténticos profesionais.

Xa está á venda o calendario solidario de AMICOS. Por tan só sete ou cinco euros, dependendo do tamaño, poden facerse cun exemplar no que cada mes do ano ten temática mariñeira.

A principal novidade do calendario deste ano é que é reciclabe polo que unha vez pasado o ano e cumprido o seu cometido terá un novo uso.

Como cada ano, foi o obxectvio de Lesmes o encargado de captar a naturalidade dos usuarios de AMICOS, auténticos protagonistas do calendario.

Trala presentación do calendario tivo lugar o festival de Nadal no que os usuarios interpretaron panxoliñas e outros temas navedeños . A xornada rematou cun en familia e unha gran festa de Nadal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí