BOIRO> O concello de Boiro rematou estes días varias obras de mellora en camiños de titularidade municipal de acceso a parcelas agrícolas na parroquia de Bealo. A actuación, cun orzamento que supera os 41 mil euros, realizouse con cargo a unha liña de axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER.
O alcalde, José Ramón Romero, e o edil de Obras, José Luís Ruiz, supervisaban esta mañá o resultado das obras levadas a cabo nas últimas semanas en varios camiños de titularidade municipal da parroquia de Bealo. En concreto visitaron tres viais nos que se actuou, que unen os núcleos de Hermide e a Candosa, Bealo e a Igrexa e a Galea con Insuachán. A actuación tivo un orzamento total que supera os 41 mil euros, subvencionado en parte por unha liña de axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER.