Situación crítica na ría de Arousa pola alta mortandade do berberecho e a ameixa

Os temporais e o alivio dos encoros están detrás da crise que atravesan as mariscadoras da ría de Arousa. En Carril, as mariscadoras lamentan que o exceso de auga doce matou practicamente o 100% do berberecho e boa parte da ameixa. Ademais, o temporal no mar arrastrou para terra boa parte dos recursos, que agora están tentando salvar.

As mariscadoras de Carril atravesan nestes momentos unha situación moi complicada. As chuvias e o desaugue dos encoros está detrás da alta mortandade que sufren o berberecho e a ameixa. Ademais, o temporal no mar arrastrou os recursos para a terra. Din que episodios como estes cada vez son máis frecuentes.

As mariscadoras falan de perdas económicas moi elevadas. E é que no caso do berberecho, calculan que morreu entre o 90 e 100%.

Pero aínda así, polo de agora non poden calcular canta está perdida.

A esa tarefa están a dedica-la xornada as mariscadoras de Carril. Recollen o pouco marisco que queda vivo para tentar sarlvalo.

Din que a campaña, que botou a andar en outubro, non puido comezar de peor xeito. Por diante quedan aínda moitos meses, nos que estarán cun ollo posto no ceo e o outro, na ameaza dos encoros.  

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí