O porto de Porto do Son disporá proximamente dunha fábrica de xeo

PORTO DO SON> O porto de Porto do Son contará cunha nova fábrica de xeo. O proxecto, que xa está en fase de licitación, ascende a máis de trescentos mil euros que serán financiados pola Consellería do Mar.

A medida que se incrementan o número de barcos que atracan en Porto do Son, o porto demanda tamén máis servizos. É o caso da fábrica do xeo posto que a máquina da que dispoñen actualmente resulta insuficiente e obriga ós mariñeiros a ter que desprazarse ata Muros.

A posta en marcha deste servizo será posible grazas a unha axuda da Dirección de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí